Traballando pola Igualdade
CEP Ventín
O obxectivo desta xincana é concienciar sobre a importancia da corresponsabilidade nas labores domésticas.
Agardamos que sirva para fomentar a colaboración das crianzas nas labores domésticas, e para facelas máis conscientes do traballo que hai detrás para que cada día todo esté a punto no fogar.
En qué consiste a xincana?Cada un pode facer a súa cama.
Cada un pode recoller a súa habitación.
Podemos colaborar na preparación da comida, axudando en distintas tarefas e aprendendo cómo se elaboran os distintos pratos e cómo funcionan os electrodomésticos.
Podemos axudar a poñer a mesa.
Podemos axudar a lavar a louza ou a poñer o lavalouzas.
Podemos axudar a limpar e ordear a casa e de paso aprender como funciona o aspirador.
Podemos axudar a poñer a lavadora e de paso aprender como funciona.
E por suposto facendo todo con bo humor e en familia.
Enviaremos un diploma aos participantes que ao finalizar suban unha foto compartindo os resultados.
Quero o meu diploma!Para calquera dúbida relacionada co Xincana pola Igualdade:
Esta actividade forma parte do programa Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín organizado pola ANPA As Brañas e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade